O pellet é un tipo de combustible granulado a base madeira.
2kg de pellets equivalen aproximadamente a 1 litro de gasóleo. Unha instalación de biomasa permite acadar aforros superiores ó 50% na factura de calefacción.
En Galicia o potencial de aproveitamento dos restos forestais das cortas supera 1.000.000 de toneladas anuais. Esta materia ten enerxía dabondo para abastecer de calefacción a máis de 100.000 fogares.
A biomasa ten un papel cada vez máis importante no panorama enerxético. Despois do aproveitamento da radiación solar nas súas diferentes variantes, a combustión de biomasa é a solución natural para a produción de auga quente, calefacción e vapor.
c/ República Checa, nº40 - Polígono da Costa Vella 15707 Santiago - A Coruña
Telf. +34 981 551 702 Fax. +34 981 897 555 email info@bioforestal.es